Nauta Sanxenxo é a sociedade municipal que xestiona o porto deportivo de Sanxenxo cunha superficie concesional de 123.222 m². As súas instalacións comprenden unha área de auga de 90.000 m², 450 puntos de amarre e máis de 25.000 m² de espazo peonil.
O porto dispón dunha bocana de 50 m e un calado que oscila de 5 a 8 m e 450 amarres de entre 8 e 45 m. Os servizos inclúen guindastre de 70 Tn, Internet WIFI en pantaláns, recollida de todo tipo de residuos, vixilancia 24 horas, acceso restrinxido a peiraos e outros.
Nauta Sanxenxo tamén ten 3.000 m2 de espazo comercial e 380 prazas de aparcamento.
No seu entorno inmediato podes atopar unha ampla oferta de restaurantes e hoteis.
A 15 minutos hai dous campos de golf, un de 18 buratos e un de 9, entre outras cousas.
450 puntos de amarre de 8 a 45 m. Ancho bocana 50 m. Profundidade 8-5 m. Tomas de auga e electricidade individuais. Subministración de gasóleo-gasolina. Travel-lift 70 Tn. Marina seca 5.590 m². Parte meteorolóxicoRecollida de lixo, aceites usados e augas residuais. Teléfono-fax.Internet wifi en peiraos gratuíto. Aseos-Duchas. LavanderíaMantemento de embarcacións. Vixilancia 24 h – Acceso restrinxido.
O Porto Deportivo Juan Carlos I e os Clubs Náuticos de Portonovo e Sanxenxo, contan cunhas excelentes instalacións para o desfrute das actividades náuticas. As condicións para practicar vela son idóneas e ao longo do ano son varios os torneos de vela que se levan a cabo. Impártense cursos de vela lixeira e vela de cruceiro durante todo o ano.
Complácenos someter á súa consideración a calidade dos nosos servizos. Para elo, rogámoslle cumplimente esta enquisa expresando a súa opinión sobre os nosos servizos e axudándonos a mellorar a calidade dos mesmos.
Moitas grazas pola sua colaboración.