logo

Nauta Sanxenxo é a sociedade municipal que xestiona o porto deportivo de Sanxenxo cunha superficie concesional de 123.222 m². As súas instalacións comprenden unha área de auga de 90.000 m², 450 puntos de amarre e máis de 25.000 m² de espazo peonil.

Email: nauta@sanxenxo.org
Teléfono: +34 986 720 517

Idiomas:

ES | EN | DE | PT | FR | GL | NL
 

Nauta Sanxenxo

Nauta Sanxenxo

Nauta Sanxenxo é a sociedade municipal que xestiona o porto deportivo de Sanxenxo cunha superficie concesional de 123.222 m². As súas instalacións comprenden unha área de auga de 90.000 m², 450 puntos de amarre e máis de 25.000 m² de espazo peonil.

Sanxenxo

Sanxenxo é un municipio repleto de encanto, situado na costa occidental de Galicia.

Considerada a capital turística das Rías Baixas, está bañada polas Ría de Pontevedra e a Ría de Arousa.

A súa situación privilexiada outórgalle unhas condicións climáticas excelentes, cunha temperatura media de 15ºC, así como un ámbito inigualable no que destacan as súas fermosas praias e as súas extraordinarias paisaxes naturais.

Ao longo dos seus 36 km de costa, Sanxenxo conta con numerosas calas e praias, moitas delas con Bandeira Azul, sendo dende o 2004 o municipio con máis galardóns de toda España e o segundo de Europa.

Sanxenxo converteuse nun referente do turismo en Galicia. A súa gastronomía, as súas praias, as súas paisaxes, unha oferta hoteleira ampla e de calidade, entre outros factores, fan que miles de visitantes elixan Sanxenxo como destino.